4.4.08
31.3.08
Fin de semana...
intenso e intensivo. Andei por Casmacda e aínda que non chegou o tempo de facer o previsto, houbo un boa manchea de sorpresas. Xa me prestaba voltar pasear con perspectiva (Ventosela atafágame... só hai ceo). Aínda que os aborixes se queixen de que perdeu moito de seu aquel de barrio popular por mor das tendas de deseño, bares alternativos e modernidades do disseny pixín barcelonés; pra min segue a ter un aquel especial.
Fin de semana de...
udescubrimentos pra pícaros:
a historia dun pequeno morcego perdido e adoptado por unha familia de paxaros. Ven rematando máis ou menos así: 'como sendo tan diferentes, podemos ser tan iguais...?' Leción de tolerancia e de adaptación. Case un clásico de Jannell Cannon.
un tigriño que non quere pechar os ollos. Unhas ilustracións sinxelas pero delicadas e expresivas. Todo nun marco ben lindo: La Casa del Contes.
e sorpresas pícaras:
El Desig, unha galería de arte/sexshop/etc... Espacio multidisciplinar co erotismo como nexo de unión. Contacontos eróticos, performances, etc... Un trato amábel (en que sexshop se vos despiden na porta cuns bicos?) e un asesoramente profesional e acertado! Outro exemplo de que non fai falla ser sórdido pra ampliarmos os horizontes...
a historia dun pequeno morcego perdido e adoptado por unha familia de paxaros. Ven rematando máis ou menos así: 'como sendo tan diferentes, podemos ser tan iguais...?' Leción de tolerancia e de adaptación. Case un clásico de Jannell Cannon.
un tigriño que non quere pechar os ollos. Unhas ilustracións sinxelas pero delicadas e expresivas. Todo nun marco ben lindo: La Casa del Contes.e sorpresas pícaras:
El Desig, unha galería de arte/sexshop/etc... Espacio multidisciplinar co erotismo como nexo de unión. Contacontos eróticos, performances, etc... Un trato amábel (en que sexshop se vos despiden na porta cuns bicos?) e un asesoramente profesional e acertado! Outro exemplo de que non fai falla ser sórdido pra ampliarmos os horizontes...Etiquetas: barcelona, erotismo, literatura, turismo
26.2.08
Seica...
Teruel existe... ou non?
O sitio estar, está. Ou estaba até hai ben pouco. E non deixa de ser curioso. É ben curriño mais cunha paisanaxe peculiar. Coma sair de carallada por Santa Comba. Ighualiño...
Velaquí unhas mostras de Albarracín, a escasa media hora da capital, e unha vila espectacular:
8.6.07
Baix Ebre
E xa na parte máis lúdica da viaxe, velaí vai unha ollado sobre os Ports de Beseit dendo a vila de Bot, na Terra Alta tarragonesa.
De volta, xa na Franja d'Aragó (territorios de fala catalá en Aragón), en Calaceite-Calaseit, fixen unha das avantaxes de andar polos camiños do mundo: a cata gastronómica e productos típicos varios. Desta vez cairon cereixas e aceite da cooperativa da vila (aínda non rematei as olivas das últimas visitas).
21.5.07
Bombos...
Nestas semanas (meses!) que estiven 'ausente' fixen unha boa chea quilómetros e de fotos. Como estas...

son da noite do Venres Santo en Calanda. A famosa patria de Buñuel, a medio camiño entre as Serras e as Estepas do Baixo Aragón. Despois dun día chuvioso no que andivemos a procurar por varias vilas os famosos rebumbios destas terras sen éxito, decidimos ficar en Calanda con algo de precaución das masas de turistas. Pero tales masas fuxiran da auga e quedou unha noite enxebre e auténtica. Pouco a pouco ían xuntándose na praza familias enteiras. Durante unha hora non se sentía nin o propio pulso. Era un latexo colectivo... Dá xenio ver aos rapaces competir. Transmisión da tradición en rigoroso directo....
As fotos non lle fan xustiza. Velaí vai algo máis aproximado, aínda que non trema o chan...
Ben é certo que a min o asunto tírame dende a teta...
Praos non entendidos: Aínda que eu son da Mourela pr'acá... encólleseme o sentimento co toque dos da Mourela pr'alá. Se non for pola inscripción dos cintos... coma na casa!
Ou nos ollos ou nos pés, haste parecer a quen es...

son da noite do Venres Santo en Calanda. A famosa patria de Buñuel, a medio camiño entre as Serras e as Estepas do Baixo Aragón. Despois dun día chuvioso no que andivemos a procurar por varias vilas os famosos rebumbios destas terras sen éxito, decidimos ficar en Calanda con algo de precaución das masas de turistas. Pero tales masas fuxiran da auga e quedou unha noite enxebre e auténtica. Pouco a pouco ían xuntándose na praza familias enteiras. Durante unha hora non se sentía nin o propio pulso. Era un latexo colectivo... Dá xenio ver aos rapaces competir. Transmisión da tradición en rigoroso directo....
As fotos non lle fan xustiza. Velaí vai algo máis aproximado, aínda que non trema o chan...Ben é certo que a min o asunto tírame dende a teta...