
E xa na parte máis lúdica da viaxe, velaí vai unha ollado sobre os
Ports de Beseit dendo a vila de
Bot, na
Terra Alta tarragonesa.

Foron estas terras esceario da
Batalla do Ebro, e aínda se pode ver no medio do río en
Tortosa un monumento 'conmemorativo'. E iso que alí gobernaba o tripartito até estas eleccións (na vindeira lexislatura, farao
CiU e ERC). Para outra vez deixei unha visita máis de vagar por esta cidade.

De volta, xa na
Franja d'Aragó (territorios de fala catalá en Aragón), en
Calaceite-Calaseit, fixen unha das avantaxes de andar polos camiños do mundo: a cata gastronómica e productos típicos varios. Desta vez cairon
cereixas e aceite da
cooperativa da vila (aínda non rematei as olivas das últimas visitas).
Etiquetas: aragon, catalunya, turismo
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home