Seica vai nestes días prá Coruña(na medianoite do 22 de febreiro, no PlayaClub) e máis pra Vigo (Sala Breogain, ás 23h do vindeiro 23 de febreiro). Eu vino hai ben pouquiño por Ventosela e pasei un concerto ben divertido. Recoméndovolo. Neuras varias, amor e desamor. Perfecto pra aledar o ánimo e estados afectivo-carenciais. Velaí vai as miñas cancións preferidas:
Hoxe ao contarlle a unha nova campañeira de traballo as miñas andanzas polo mundo, sentín unha agillada de saudades da Illa. E supoño que polos tempos novos... Manda truco o que fai a memoria... O que soaba daquelaaló (ben antes que acó):
Se até aparece algo semellante a un Jet-Foil dos que unían coa Illa-Denfrente!