NEMETH

11.12.05

Madrid

Esta fin de semana tiven un interesante debate de ideas a raíz dun artigo de hai semanas de Maruja Torres sobre Madrid. Non é a primeira vez que os meus moitos amigos matritenses se queixan da má imaxe que teñen, das moitas culpas que levan e do moito que sofren os coitadiños (manifestacións e demáis). Por iso gostei especialmente do último artigo d'O Pereiro.
Vivín alí até hai dous mesiños. Aínda son cidadán matritense de dereito, que non de feito. Agora disfruto da cidade, como di Brétemas. Antes, sufríaa.
É contradictoria. Ten os ceos máis belos que hai e está furada por quilómetro de túneles nos que nin intúes o sol. 'De Madrid al cielo', mais a medio camiño de inferno. Innovadora e tradicional. Cidade mártir e representación do facherío máis reseso.
Gosto de Madrid. Non aturo Madrid.