Jake Gyllenhaall.
O actor do momento. En dous dos últimos filmes que teño visto, sae este rapazolo tan lustroso e cuns ollares que pasman.
Gustei das dúas, tanto de Jarhead como de Brokeback Mountain.
A primeira, a pesares das miñas primeiras reticencias co cinema bélico, por ser unha visión áceda e hiperrealista da primeira guerra do Golfo (a de Papa Bush), amosando sen necesidade de implicarse políticamente, o absurdo e as mentiras da primeira gran guerra mediática. Sen dúbida, o Sam Mendes (o de American Beaty) volveu atinar.
Da segunda gostei, por ser un historia de amor fermosísima, por ter unhas interpretacións alucinantes, por ser unha punzada no medio do imaxinario conservador ianqui e polas paixases ben lindas que saen. Deixoume sen fala un bon cacho. Pero hai outros que falan máis e mellor sobre ela.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home