Pagou a pena ir...

conseguín encher o frigo, ter as pilas coma novas, repartir bicas e bicos por Ventosela adiante, ver orballar e os farrapos da néboa nos montes, traguer o preciso para unha poción máxica como é debido, deixarme agarimar pola matriarca, estrelarme en familia o sábado-noite, fartarme a filloas (das negras, por suposto!), cheirar as follas dos castiñeiros...
por que carallo non o farei máis veces!
xa queda menos prá próxima... desta vez agardo que sen atrasos!