NEMETH

14.12.07

Pagou a pena ir...

a pesares de viaxar de noite no transiberiano, das dúas horas de retraso pra vir e da hora e pico pra ir, de chegar tarde ao traballo o luns, da resaca do domingo, da morriña multiplicada, do cansazo, de non ir en meses e xuntar todos as viaxes nun só ....

conseguín encher o frigo, ter as pilas coma novas, repartir bicas e bicos por Ventosela adiante, ver orballar e os farrapos da néboa nos montes, traguer o preciso para unha poción máxica como é debido, deixarme agarimar pola matriarca, estrelarme en familia o sábado-noite, fartarme a filloas (das negras, por suposto!), cheirar as follas dos castiñeiros...

por que carallo non o farei máis veces!

xa queda menos prá próxima... desta vez agardo que sen atrasos!

Etiquetas: ,

4.6.07

Convocatorias II

Tamén quero publicitar a páxina da Galicia Global. Un curioso xeito de ficar no mundo e unha iniciativa ben linda, cun interface rápido e sinxelo. Velaquí algunha galega global na Australia, por exemplo...

de momento somos 829 galeg@s!

A ver quen me atopa ;)

Etiquetas: ,