Pagou a pena ir...

conseguín encher o frigo, ter as pilas coma novas, repartir bicas e bicos por Ventosela adiante, ver orballar e os farrapos da néboa nos montes, traguer o preciso para unha poción máxica como é debido, deixarme agarimar pola matriarca, estrelarme en familia o sábado-noite, fartarme a filloas (das negras, por suposto!), cheirar as follas dos castiñeiros...
por que carallo non o farei máis veces!
xa queda menos prá próxima... desta vez agardo que sen atrasos!
5 Comments:
Canto mimo tes...
para a próxima xa virás ti de conductor quen te verá!!!.
Unha aperta grande
:)
By
Marinha de Allegue, at 9:41 da tarde, dezembro 16, 2007
Sempre paga a pena visitar a terra dun.
By
paideleo, at 10:09 da tarde, dezembro 17, 2007
tongo!!
By
Anónimo, at 4:16 da tarde, janeiro 02, 2008
xa din que o urxente non deixa tempo para o importante. Apertas dende esta diáspora!
By
torredebabel, at 1:19 da tarde, janeiro 09, 2008
Vai! pero volve pronto que non se debe estar moito tempo sen a dosis necesaria para vivir!
apertas!
By
Anónimo, at 10:47 da manhã, janeiro 15, 2008
Enviar um comentário
<< Home