31.3.08
intenso e intensivo. Andei por Casmacda e aínda que non chegou o tempo de facer o previsto, houbo un boa manchea de sorpresas. Xa me prestaba voltar pasear con perspectiva (Ventosela atafágame... só hai ceo). Aínda que os aborixes se queixen de que perdeu moito de seu aquel de barrio popular por mor das tendas de deseño, bares alternativos e modernidades do disseny pixín barcelonés; pra min segue a ter un aquel especial.
Fin de semana
de rock, blues, patxangueo e modernidades... Todo un descubrimento o Heliogàbal. Haberá que estar ao tanto da programación...
Fin de semana de...
udescubrimentos pra pícaros:a historia dun pequeno morcego perdido e adoptado por unha familia de paxaros. Ven rematando máis ou menos así: 'como sendo tan diferentes, podemos ser tan iguais...?' Leción de tolerancia e de adaptación. Case un clásico de Jannell Cannon.
un tigriño que non quere pechar os ollos. Unhas ilustracións sinxelas pero delicadas e expresivas. Todo nun marco ben lindo: La Casa del Contes.
e sorpresas pícaras:
El Desig, unha galería de arte/sexshop/etc... Espacio multidisciplinar co erotismo como nexo de unión. Contacontos eróticos, performances, etc... Un trato amábel (en que sexshop se vos despiden na porta cuns bicos?) e un asesoramente profesional e acertado! Outro exemplo de que non fai falla ser sórdido pra ampliarmos os horizontes...

Etiquetas: barcelona, erotismo, literatura, turismo
28.3.08
Cinema previsto...
Estou desexando que se estree por estes lares 'A Burbulla', de Eytan Fox. Veume á memoria por unha nova en prensa desta semana. A realidade sempre superando á ficción. Velaí vai un dos temas deste filme, 'The man I love', cantado por Ivri Lider, un dos clásico da súa filmografía.
E xa que nesta fin de semana andarei pola Vila de Gràcia, a ver se vou ver 'Once'. Por Ventosela non chegou (como ía chegar!) e téñenme falado marabillas dela. Velaquí un dos temas da banda sonora...
Etiquetas: cinema
18.3.08
Eu
Pra dicirmos: 'Eu quérote', un ha de saber primeiro como pronunciar o 'Eu'' / Para decir: "Yo te quiero", uno debe saber primero como pronunciar el "Yo" (Ayn Rand. O Manancial)
Curioso as cousas que relaciona un mirando para a televisión: as lecturas do libro de texto de galego de primeiro de BUP, ed. Xerais. Páxina 66.
EU SON!
O meu nome acenderá unha estrela nova
en cada constelación.
Manuel Antonio, Foulas (1922-1925).