NEMETH

24.2.06

Parab�ns...


para Vieiros. Non deixei de entrar neste Galician District (que ledicia volver a ver a portada orixinal! aloxados en www. iaga.com) sempre que tiven a mao un mosaic, netscape, iexplorer ou firefox (o actual). Atopeino grazas ao directorio donde? (da Red Iris). D� risa pensar na rede e en n�s memos daquela... Como cando ollas unha foto antiga e ris dos peiteados e da roupa. Nos tempos da e-mula, dos mesenllers, ebeis, lilnux, blogues, etc. un xa non lembra cando andaba na descuberta dos chats (sen robots e op�s a mao), das listas de correo (galicia-l), das newgroups (a sociedade edu.galiza). Xa un ficaba fascinado co poder que ti�a, e s� era o comezo...
Eu tivera sorte porque comezara por aquel ent�n a facer o proxecto fin de carreira e ti�a acceso ilimitado � rede e aos computadores da Escola.

E al� foi onde comezou o namoramento. E segue...

Bollywood...


Ve�o de atopar fedellando pola rede o blogue de besbellinha (Beliscos Pequenos), e nel un p�s que me chamou a atenci�n... Xa hab�a tempo que vi�a remoendo deixar ac� algo sobre o tema. Te�o a mula carretando varias pelis de Bollywood. Esta teima comezou hai xa tempo, cando no piso dun rapaz de Xu�o (Ribeira) en Lavapi�s mirei unha recopilaci�n de v�deos de pelis 'made in Bombay', e a mi�a curiosidade inicial tornouse fascinaci�n. Vira A Voda do Monz�n e fiquei namorada dos ollos da protagonista, das cores, da curm�, do feiti�o que era o noivo... Deste xeito te�o pendentes de ver Kal Ho Naa Ho (seica moi famosa) e Raaz (seica � de terror!). Xa contarei.

E por certo, seguirei visit�ndote, besbellinha...

22.2.06

Entroidos...

máis sofisticados....trouleiros
e algúns moi afamados
e innovadores
pero poucos, tan enxebrescoma os nosos...

Este xoves...

ven sendo Xoves de Comadres. Nos meus tempos mozos (non dramaticemos, máis mozos...) tiña que andar vixiante ao andar pola rúa ou ao ver un fato de rapazas de fronte (pola enfariñada). E pasar todas as aulas coa roupa de abrigo posta, pra que non acabara pendurada dalgún poste no lardeiro (queimábase tan só o boneco de xesta). E algún ano tocou liscar do insti pola parte datrás cunha nevarada do demo, que por evitar a fariña acabamos enchoupados (o noso orgullo quedou intacto, iso si).
Aquí hoxe din a noticia de que esta fin de semana era 'Carnaval' (o meu Antruido)...

Velaquí o futuro, aínda que sexa vigués e só vaia pra festas, romarias e paparotas... :)

A mázcara típica do Entroido ourensán (penso que tamén en Laza e pola outra banda da Serra a teñen): O Boi ou Touro (nunca lle mirei se estaba capado...). Tamén hai A Vaca. E non aparece, pero por aí perto andaba o Toureiro, unha sorte de parodia dos 'toreros'. Este da foto é da parroquia de San Lourenzo de Trives (da Asociación Os Labregos).


E xa por último o folión de San Fiz. Nos tempos d'antes, cada parroquia tiña o seu 'fulión', cun toque especial que as diferenciaba. Este hai aínda pouquiño tempo que se recuperou. Que teñan longa vida.

O castiñeiro...


... de Pombariños, no lugar de Rozabales (San Martiño de Manzaneda). Velaquí unha autentica fermosura. Un queda abraiado e vese pequeniño, mooi pequeniño...

21.2.06

Desconfianza.

Veño de ler no blog Vaguidades un pós que me fixo reflexionar arredor dalgo que xa levo tempo matinando. Adiando o tema do que é normal ou non... dáme moito que pensar a crecente desconfianza que temos nos demais. Hai xente que di que está fomentada polos medios de comunicación e as súas noticias incesantes de sucesos terroríficas. Non sei...

Hai uns meses tiven un golpiño co coche do traballo nunha recóndita vila de Aragón. Foi moi pouca cousa, o meu nin se decatou e ao outro rompinlle un faro. Deixeille unha nota cos meus datos e teléfono pra facermos o parte ao seguro (volvería pasar polo pobo). O caso é que o homiño chamoume á noitiña todo agradecido por terlle deixado a nota, que o meu comportamento xa non se vía (o 'normal' non é tan usual). Díxome que me esquencera do que pasara, que non fora moito e que o detalle xa pagaba todo. Preguntoume de onde era, en que traballaba...
Quedei pampo, non tanto polo xesto en sí, senon pola miña actitude previa: liscar sen avisar e despois sacárlle fotos aos desperfectos. Non tanto pola bondade allea senon pola desconfianza e insolidariedade propia.
É como cando cheguei a Madrid. Sorpréndíame ver como a xente ía a correr polas escaleiras do Metro, empurrando nos demais, berrandolle ou pondo mala cara. Ao tempo descubrinme facendo o mesmo...

The Rocky Horror.


Por fin teño TV e DVD (aínda me falta o cabo de antena) e pasei a fin de semana toda vendo películas das que tiña 'mono'. Entre elas, The Rocky Horror Picture Show. Surreal e divertida, cunha estética fascinante e a Susan Sarandón de noviña... unha delicia!

PD: pódense atopar milleiros de enlaces desta película, algúns ben completiños (incluidos diálogos completos).

Cemiterios.


Hoxe lembreime pola crónica do corresponsal do blogmillo nos USA de que non son o único a quen lle gustan os cemiterios. Sempre que vou de viaxe procuro fixarme, tírolles fotos e paseo por eles. Din moito máis da xente e do seu xeito de vivir do que un se imaxina. Será cousa xenética, a nosa peculiar visión da morte.


Hai anos, vivín uns meses nunha pensión en Madrid. Estaba rexentada por un personaxe (non me lembro o nome) nado cara o Baixo Miño (penso que era en Tomiño). O caso é que este homiño por Santos e Fieis Defuntos montaba un auténtico monumento no nicho da nai e do irmán. Pasaba meses (desto fun testigo) facendo os abalorios e adornos, puña monitores con vídeos de procesións e música sacra nos nichos baleiros, el vestido cunha capa a rezar. A verdade que non o crin até que me amosou unha gravación (era afecionado ao vídeo). Contaba que ía moita xente velo e que era moi famoso. Será verdade? É isto realismo máxico ?



Preme aquí pra visitares o maior camposanto galego, segundo O'Rivas.

As postais do cima son o cemiterio de El Kettar en Alxer, o cemiterio turco de Eyoub e o cemiterio de Verdún (da Grande Guerra). Podédelas sacar de acolá.

20.2.06

Quero marchar pra unha illa...


pero deserta. Confórmome cunha praia coma esta (nubeiros inclusive, tanto teñen)...

Antigüidades.



Colecciono (ou mellor dito, acumulo) trebellos, postais e libros antigos, mais non chego a ter nada como isto: interesante páxina sobre anuncios da época victoriana.

Indixenas II


O que sempre quixeches saber sobre os Niisitapi (máis coñecidos por estas latitudes coma Pés Negros) e nunca puideras preguntar...

Anatomía III

Se sempre quixeches diseccionar a alguén e non sabías por onde ías comezar... velaquí un interesante sitio... Polo Doutor Gunther von Hagens e o Profesor John A. Lee, titúlano 'Coñece mellor o teu corpo'. Miralo co estómago valeiro. Recomendado praos fans do televisivo Doutor Beltrán.


E se sempre desexaches emular aos do CSI, velaí vai outro interesante enlace dos mesmos autores. Lémbrame cando fun cunha amiga á aula do catedrático en Medicina Legal Dr. Luis Concheiro na Facultade de Medicina de Compostela. Tema: obxectos incisivos e corto-punzantes ilustrado con diapositivas alucinantes. Aquela noite non durmín ben. A min xa me chega coa matanza dos marraos...

Erguerme e ver algo así...


se estivera na casiña... por días a morriña proe.

16.2.06

Será esta a pinga...


que enche o vaso?...

Ou unha pinga máis na (inter-)rede

Cookyright.

Que me deteñan, que son un dilincuente reincidente e reiterado...

Globiños...


didácticos. Todo pola ciencia...

Botanica Antiga.

Dende que hai xa moitos anos descubrira unha reproducción dun tratado de Botánica Antiga na biblioteca da miña vila, fascínanme estas cousas... (recomendábel ter un bo traductor en liña ou nocións de alemán).


Nestoutro linque tamén atoparedes moreas máis, coma este:

Cidades de noite...


Son o único a quen lle gustan máis as cidades pola noite? Son noctámbulo, tirando a insomne (venme de familia). Mais tamén moi durmiñón. Durmir a maioría das veces é un pracer, tan só comparábel ao comer, ao lecer e ao foder.
O peor, que arrastro o sono e ando arrastro...

500 anos...


dos museos vaticanos. Outra cousa non, pero obras de arte teñen abondo! Pódese facer unha visitiña virtual, por exemplo á Capela Sixtina. Acó pódese ver máis polo miúdo algunha das obras mestras, incluso facendolle un zum seleccionando unha área ou con esta lupa:



Pra ampliardes a nova, aquí.

E por certo, case que outros tantos teñen os seus arquivos segredos... Curioso que sendo tan segredos até teñan web :-)

Arquitectura III...

ou arquitectura rara de... Ou polo menos curiosa. Xulgade por vós mesmos:



Sigo dicindo que o Concurso de Fotografía Anecdótica Galega está infravalorado...

vía Farpas&Bitaites.

Arquitectura II...


Esquecida por todos, outro xeito de ollar as cidades: undercity...

Arquitectura I


Curiosas fotos de arquitectura as deste fotógrafo, Oliver Henz. Tamén se pode ollar o seu manexo do macro...

... e o seu gusto por fotografar ceos (que comparto, por certo).

Iridoloxía?


Alguen coñecia esta especialidade? Certo é iso de que non te deitarás sen saberes algo máis...

Xapón II



A época de modernización do Xapón comezou cara mediados do século XIX, impulsado polo Emperador Mutsuhito, despois coñecido coma Meiji. Trócase a capital de Kioto por Edo (Tokio), implántase o servizo de correos, chegan as modas e usanzas occidentais, etc. Tamén hai cambios máis sutís, como o uso de cadeiras e zapatos. O novo distrito de Ginza converteuse no epicentro destes cambios. Máis detalles desta época acó.

Máis fotos lindas...

Polo San Ballentines... aínda que con retraso! :D
A galería completa en Naturfotografie.

Fotos Lindas...

... do fotógrafo David Noton, con explicación de por que non é todo tan lindo como parece despois... Pra cando aforre pra outra...

14.2.06

Casa Susanna.

Polo Farpas&Bitaites sei da existencia de Casa Susanna. Copio:

"Numa feira em Nova Iorque os coleccionadores Michel Hurst e Robert Swope descobriram uma série de álbuns de fotografias bem preservadas, tiradas entre os anos 50 e 60, que mostravam um grupo de cross-dressers que se reunia aos fins-de-semana num local chamado Casa Susanna e recriavam a vivência típica das mulheres da sua época, incluindo festas de Natal, chás da tarde e passagens de modelos. Ou tão simplesmente regando o jardim ou jantando em comunidade. E o que mais transparece das fotos é a sensação de entusiasmo e felicidade de poderem ser quem realmente são por aqueles breves momentos.
As fotos foram agora divulgadas sob a forma de um livro intitulado, apropriadamente, "Casa Susanna". A identidade dos retratados permanece um mistério."

Aquí máis fotos do libro.

Fotos curiosas...

Unhas fotos moi interesantes neste blogue, feitas con cámara dixital con longo tempo de exposicion (esta é de 30sg). Resultados, ademais de inmediatos, ben lindos.

Gatos

esfinxe. E non precisamente procedentes do Exipto. É unha mutación espontánea que se produciu en Ghaguai totalmente calvos. Sen dúbida son os gatos máis estranos do mundo. Seica comen moi ben, son agarimosos, xuguetóns, suaviños e moi demandados. Pra amantes verdadeiros dos gatos...