NEMETH

28.4.06

Fotos...


de Jeff Krewson...

Probas científicas...

da existencia do Espírito Santo (do divino, non do Banco de idem):

"According to this data, at approximately 7875 cm^-1 wavenumbers, the presence of the Holy Spirit is scientifically detected. Thus confirming, that scientifically God is real."

(Fer, prégoche un comentario científico. Eu fiquei pampo! )

E da resurrección de Cristo ou do Edén (dende o punto de vista xenético) tamén din atopar probas.

Non me estrana nadiña que se rían da evolución e ensinen a creación nas escolas como algo científico!

Reloxo do rezo...


O que non inventen estes ianquis... Aquí pódese pedir vez pra rezar un cuartiño de hora ao día polas túas necesidades e (de paso) polas da CBN (Christian Broadcasting Network).
Tiña que aprender o Bieito que con pedir non chega... hai que poñer a oportunidade á mao.

Avisan: podes mudar a túa vida e a do mundo!

Xusto que tiña pensado facer esta fin de semana

Bombeiros en coiros...

Mira que lles gusta a esta profesión o de andar en coiros, havos ser pra rendabilizar a preparación física...

Primeiro foran estes:

sacaran un calendario ben chuliño pra ver de conseguir unhas perras pra beneficiencia (acadaron 24000?!)

Agora son estoutros os que se ispen:

desta vez pra chamar a nosa atención sobre as súas deficientes condicións laborais nesta empresa privada que xestiona os parques de bombeiros comarcais da provincia da Coruña. Podedes saber máis da súa problemática, calendario de manifestacións (pra contemplar o espectáculo en directo) na súa páxina non oficial. Abofé que o conseguiron, a cobertura mediática foi inmensa (ver máis fotos acó). E como internet non podía ser menos, velaquí vai un vídeo promocional da súa loita:

moita sorte! E abrigaivos, non vos arrefriedes! ;)

27.4.06

Cinthya Soto.

Hoxe quero amosar o traballo doutra amiga miña: Cinthya Soto. É unha mágoa, mais non posúe páxina persoal. Podedes ver parte da súa obra na páxina do seu galerista (Jacob Karpio). Ten exposto na Casa América de Madrid e no Arco'05. A súa fotografía está feita pra metereste dentro dela, pra participares coma espectador na obra.

A ver cando ves facer unha visitiña!

Até que veña, aquí poderedes facer unha visita virtual a unha das súas exposicións...

Especulación

Vía Sihomesi e Trosma chégame isto. Falta facía un par de paradas deste coche de liña... só coma exemplo: Monteferro e o Val Miñor, Cangas, Sanxenxo, Pontedeume, Mariña de Lugo

Costa da Morte (preme na imaxe pra veres o microfilme), A Coruña, Ourense ou os parques eólicos varios...

Máis en Adega e na canle verde de Vieiros.

26.4.06

Ximnasio...


Hoxe non dou nin ido ao ximansio, nin posteado. Foi un día moooi duro. Voume facer algo de ximnasia caseira. Probádea, non é tan cansa (xa que falabamos de deportes... :-)

E máis lume!


Xa postos, por que é tanta noticia que a palabra amor sexa a máis fermosa do castelán para os internautas, e non o é que vagalume o sexa para nós?

A iso chámase ananez mental.

por certo, grazas a Francisco Castro pola iniciativa.

PD: veño de ler que tamén van botar a Ramón Chao e Ignacio Ramonet. Cada vez menos motivos pra non lelo nin na versión traducida de Vieiros.

Selecións


A loita (e o debezo) por acadarmos selecións deportivas propias e facer máis visible o noso deporte acadou nestes días dous fitos: a vitoria moi boa actuación da seleción galega nos Europeos de triatlon; e o anuncio da posta en marcha da equipa Karpin Galiza de ciclismo.
Por certo, parabéns a Vieiros pola cobertura. O medio que presume de ser líder no país tíñalle que estar caindo a cara de vergonza. Nada que ver co desplegamento de medios feito polos medios de comunicacións cataláns (incluídos os non nacionalistas e os escritos en castelán) cando compiten as súas selecións. Curioso o tratamento da nova polos de Sabón. Alguén e capaz de atopar algo na sección de deportes do luns pasado? Na portada, Nadal. Do campión Gómez Noia, nadiña... Só aparece algo no pescudador.

A ver que contan mañá do ciclismo.

Grándola...


... vila morena!

Há 32 anos (e um día), noutro 25 de abril... soaba esta cantiga do Zeca na rádio Renancença. Era o contrasinal. Havía um anaco, ás 22:555h, que com 'E depois do adeus' começava a fim da Ditadura.

Tambén se podem ouvir máis versões acó (vía Chuza) ou baixa-la acolá.

O povo é quem máis ordena. Que seja assim sempre!

25.4.06

Sant Jordi...

Cada vez gosto máis desta festa. Xa vai pra dous anos, cando vivía aló, que ao erguerme o meu 'company' de piso, tíñanos unha rosa e un libro na porta da habitación. Este día non só os namorados levan agasallo, tamén os amigos, os compañeiros, a familia... E tamén vós. Velaí vai o que vos trouxen:

En Barcelona non atraquei moitas librarías desta vez, menos das que pensaba. As moitedumes fixeron que só me achegase pola Sargadelos e a Antinous. A Canuda ficou prá próxima vez (quizais pola Revetlla de Sant Joan). Merquei cómics varios (deborados e dixeridos) e algún libriño de consulta. En galego teño en cola Herba Moura e un libro de Antropoloxía de Galiza que pinta ben...

Falando de libros, xa lin o libro de Rosa Mª Lojo 'A fin da terra' (merqueino en Compostela), e gostei moito del. Claro que a novela história sóeme gustar, e esta é moi boa novela histórica, moi documentada. Ademais fala dun espazo e dun tempo do que non lera nada, e iso faina máis fascinante.

Tamén mercara o libro do amigo Veloso, Licor de abelás con xeo (tamén o deborei). Gostoume a trama e como está contada, incluído o desenlace sorprendente. Xa estou desaxando que saia do prelo o seguiente.

O libro de Colineta sobre a cociña do Entroido e San Xoan ben merece unha lectura máis repousada.

E niso estamos..

Pingas...

... feitas esculturas por Martin Waugh mediante fotografía de gran resolución, capturada a alta velocidade. Máis acó.


Por exemplo, velaquí o que se pode sacar dun cd...


Os resultados abofé que vos son sorprendentes...

Seica leva moi pouco retoque no fotoxó... escasamente a limpeza do fondo e o balanzo das cores, As formas dos líquidos son tal e como se fotografaron.

21.4.06

Poema e rosa...


como agasallo na diada do padroeiro de Catalunya e de Aragón (grazas a iso o luns teño festa!). Preme aqui ou sobre a imaxe pra velo enteiro...
Se queredes mandar outra, podedes facelo a través da páxina da Generalitat.

20.4.06

Relixións nos USA

Este post do correspondente do blogmillo (tamén futuro pai e cherif do condado) en Warrenton (Norcarolaina), fíxome lembrar esta páxina moi didáctica se se quere estudar a onda integrista ianqui. Polo que se pode ver, Warrenton fica en territorio Baptista:

Anque a porcentaxe de adheridos a algunha relixión non é das máis altas... Será por iso que poñen anuncios na TV.

Outras curiosidades:
os mormóns,


os cuáqueros,

católicos

ou musulmáns!

Vive la diversité!

Máis cartografías...

...do corpo humano. Desta vez, produto da mestura entre as fotografías de estudio de Marco Guerra e os deseños en tinta e lapis de Yasmina Alaoui temos estes resultados:



Cando xunguimos esforzos, vontades...


conséguense uns resultados óptimos.

Máis detalles na súa páxina.

19.4.06

Cando chegaremos aos 3600 blogues?

Segundo di Culturagalega no seu tema do día de hoxe:

"Dos máis de trinta millóns de bitácoras que se calcula que hai en todo o mundo, unhas 1.200 son galegas. Pero a blogosfera galega, nome dado ao espazo que ocupan os blogs, está nun estadio emerxente. Os primeiros estudos arredor desta nova forma de comunicación destacan que en ano e medio se triplicará o seu numero, ...". Todo isto a conto do Enblog, encontro de blogs de Galiza e Portugal organizado polo Consello da Cultura.

A ver se é verdade e a modiño imos creando un novo xeito de pensar e de actuar máis dinámico e distribuído.

O feito é que a 'blogosfera galega' (ou blogmillo, non era?) bule. Hai pouco que se creaba Blogoteca.com, sistema gratuito e doado para a creación, xestión e aloxamento de blogs totalmente en galego. E hoxe veño de descubrir a transformación de Blogaliza.org. Baseada no WordPress, tamén dará aloxamento e xestión a blogues. Así que en pouco poderemos mudar de casa e pasar a ser nemeth.blogoteca.com ou nemeth.blogaliza.org. Isto, sen esquencermonos do Blogalego.com, o buscador onde saber ao minuto o que se coce no blogmillo.

E que cada día a familia medra!

Cristais.

Quen diria que esta foto...
Non é un macro! Perfecto pra que goste dos Cristais de Rocha para decorar a casa...


Máis cristais xigantes no Giant Crystal Project.

18.4.06

Cartografías...

do corpo humano. Lindo o traballo de Tatiana Parcero.

Hai quen di que os ollos son o espello da alma...


nas maos está o noso futuro escrito...


e os pes?

Máis New York


Atopei estas galerías do fotógrafo Dave Martinidez...


Fotos ben lindas! Quedo con ganas de experimentar esta cidade en persoa.

Por certo, xa estou remoendo en mercar a cámara de novo. Próeme...

Nas próximas fins de semana...

O Sant Jordi in Live...

e a nosa antiga representate nas Cortes de Castela.... a 'Ben Cercada':

Picheleiro.

Comunico oficialmente ao blogmillo que son un emigrante retornado... ou polo menos así aparecerá no próximo informe do Instituto Galego de Estatística (por certo, grazas ás Ciberirmandades, están a trocar a toponimia deturpada). Aproveitei esta última estadía pra facerme picheleiro, por motivos fiscais (as Illas Caimán fican algo lonxe). Mágoa que sexa aínda unha utopía...
Deixo de residir (oficialmente) neste marabillos predio:


pra facelo nese estupendo e humano barrio compostelán do Ensanche...

Non semella tanto cambio, non si?

Canarias, a 5ª provincia galega...

'O Vello' segue a traballar, por sorte lonxe da terra (e sen preocuparse dela, por certo).
Vía Trosma.

17.4.06

Algúns exemplos...

do traballo dunha artistasa...
O Ancián
Algunha cousiña máis desta rapazola talentosa acó (non é grande cousa, ten cousas ben máis lindas, palabra). Desta serie, vin os orixinais e teño que dicir que desta vez a reproducción electrónica non lle fai xustiza.
Ilustracións do libro 'O Perfume':

Outras cousiñas:

O Home do saco

A redeira

Podédeslle ver máis traballo aquí.

Teño algún orixinal na casa, que ben seguro valerán os seus cartiños dentro duns aniños :D

A ver se lle conseguimos algún traballiño! Ben o merese, nonsi? :)

Portugalia.

Esta fin de semana, na casa, no único momento que tiven tempo de mirar prá tele, tiven a inmensa fortuna de mirar ese incomparábel programa 'Galicia para el mundo'. O tema do día, Portugalia (non Portugaliza, non vaia ser).
Sobre este tema atopei hoxe un post moi completo de Renas e Veados, onde fai referencia a dúas reportaxes en canles de TV vezinhas. Instrutivo.


New York


Hai uns días unhas amigas miñas foron á Gran Mazá de vacacións. Dixeron que era unha cidade marabillosa, a xente amábel. Sorprendeume, a verdade. Adícolle este vídeo (premede na imaxe).

7.4.06

Prontes?

Xa tendes as mantillas prontes e ben pranchadiñas? Eu voume deixar mimar pola miña mai, tras pasar a pór o reloxo en hora pola Berenguela... Boa semana a tod@s!

Foto extraída de cochofel.

Libros.

Entrevista n'A Nosa Terra a Mª Rosa Lojo, escritora galego-arxentina que ven de sacar en galego 'A fin da terra' (editorial Galaxia). Un dos moitos encargos pendentes a repartir entre Semana Santa e Sant Jordi. Desta teño pendente ao compañeiro Veloso, Colineta, T.Moure, R.Cid...
Polo xeral gosto máis dos ensaios (nomeadamente dos libros de historia), pero estou intentando reformarme...
Acepto suxestións (xa teño anotadas as de libros infantís e xuvenis, moitas grazas pola axuda!).

6.4.06

Puntogal.

Vexo por Vieiros que ven de porse en marcha a asociación Puntogal (entrementres máis información na canle Punto G de Vieiros). Démoslle todo o noso apoio. A traballar todos arreo a turrar do carro deixando polémicas e estreiteces mentais atrás. E parabéns aos promotores.

Árbores.

Recomendo vivamente este post de Torredebabel sobre as árbores que marcaron a nosa vida e a nosa infancia (ven encadeado a estouto post de Folerpa). Somos dun país cheo de fragas e até hai pouco, rural e agrario. A maioría de nós aínda nos lembramos de andar empoleirados ás árbores, xogando ou roubando froita. De que árbores se lembrarán os nenos de hoxendía? Das dos parques ou das que lle explican no colexio?

Ven as árbores, pero non as viven...

Este e os seus irmans son as miñas árbores.

5.4.06

Os Bolechas.

Seguindo coa miña campaña soterrada de labor contracultural e galeguizadora dos meus sobriños, compensando o auto-odio paterno e as súas miras máis ben curtas e pra evitar que caian nas maos da idioticia máis resesa dos colexios de pago composteláns; toca mercar un feixiño de contos dos Bolechas. Cousas de ser o tío 'raro' que aparece de cando en vez pola porta cun agasallo no macuto.
Lembroumo o tema do día de culturagalega.org.
Máis sobre literatura infantil e xuvenil na Blix.

Alguén me podería recomendar algún título máis? Teñen 8 e 3 anos.

Vik Muniz

Vendo esta páxina de 'arte feito con café', lembreime de Vik Muniz, artista brasileiro que facía composicións con xoguetes, marmelada ou chocolate (penso que tamén estivera no CGAC, mais eu vírao na Fund. Telefónica de Madrid).

O cotiá (neste caso o café) como matería prima do obxecto artístico. Aínda que Muniz máis ca empregar o cotiá, manipúlao pra enganarnos e amosarnos algo transformado, xa for un retrato ou unhas tesoiras.


Misterios das conexións neuronais e da nosa memoria...