
Vendo esta
páxina de 'arte feito con café', lembreime de
Vik Muniz, artista brasileiro que facía composicións con xoguetes, marmelada ou chocolate (penso que tamén estivera no CGAC, mais eu vírao na Fund. Telefónica de Madrid).

O cotiá (neste caso o café) como matería prima do obxecto artístico. Aínda que Muniz máis ca empregar o cotiá, manipúlao pra enganarnos e amosarnos algo transformado, xa for un retrato ou unhas tesoiras.

Misterios das conexións neuronais e da nosa memoria...
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home