
Seguindo coa miña campaña soterrada de labor contracultural e galeguizadora dos meus sobriños, compensando o auto-odio paterno e as súas miras máis ben curtas e pra evitar que caian nas maos da
idioticia máis resesa dos
colexios de
pago composteláns; toca mercar un feixiño de contos dos
Bolechas. Cousas de ser o tío
'raro' que aparece de cando en vez pola porta cun agasallo no macuto.
Lembroumo o tema do día de
culturagalega.org.
Máis sobre literatura infantil e xuvenil na
Blix.
Alguén me podería recomendar algún título máis? Teñen 8 e 3 anos.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home