NEMETH

31.10.06

Noite dos Carros



Xa temos outra discusión bizantina (non somos os únicos): a contraposición entre O Samaín (ou como carallo se diga) e O Ghalo Güín. Eu no me lembro de ningunha tradición das que se falan estes días pero gústame que se recuperen ou que non esmorezan. Sen prexuízo de que cada quen celebre o que lle pete e sen perdermos a perspectiva de nos saber herdeiros dunha orixe común. Non debemos renunciar á nosa humilde contribución local a este mosaico global. En Euskal Herría fixéronno co Olentzero, en Catalunya co Tió de Nadal, co Saci no Brasil, coa Noche de Ánimas do Alto Aragón...



Na miña bisbarra é o dia dos carros. Antes a feira máis importante do ano e a de Santos, xa estaba todo recolleitado e había tempo de ir vender os excedentes á vila. Tamén é o día escollido no canto do San Martiño prao Magosto (igualiño ca en Catalunya coa Castanyada). E a noite de antes atrancábanse os camiños cos carros ou se penduraban das árbores. Hoxendía, como case non hai carros, fanno cos contenedores do lixo e os chimpíns. Hai xente que nin durme esa noite. E son os que con máis gañas se lle rouba. Ou como lle fixeron o ano pasado ao párroco de San Martiño. Ataronlle un burro á cordel das campás e puxéronlle un feixe de herba fóra do seu alcance. E claro, estivo repenicando toda a santa noite. Menos gracia ten outras trasnadas como a que lle fixeron á Señora Carme de Cimadevila, que lle ceibaron os marraos de ceba (a menos dun mes das matanzas pouca graza lle fai a ninguén perder cinco cebotes). Así que mañá a máis dun lle tocará ir apañar contenedores á parroquia do lado ou baixar algún carro dalgunha ponla. E estamos agardando todos por saber a que lle teñen preparada a Don Magín.

E eu aquí...

Piti.

De cativo tiña un canciño de peluche chamado Piti en honor a este.

30.10.06

Vellas fotografías?

Non é a primeira vez que deixo neste blogue linques de vellas fotografías. E sempre que vou a unha feira ou 'rastro' podo pasar horas fuchicando nas caixas de postais antigas. Por iso sorprendeume moito atopar esta galería de fotos de Sergei Prokudin-Gorskii.

Sorprende ver retratos con tantísimo colorido e nível de detalle, tirados antes da Grande Guerra, cando Rusía aínda era un Imperio gobernado por un tsar...
e paisaxes que semellan foron retratadas onte (moitas, tampouco cambiaron tanto como cabería maxinar) gracias a unha técnica pioneira...


Se queres (ad)mirar máis, aquí hai pra fartarse (todas as fotos de Sergei, incluídas as non restauradas)...

Vía Farpas (hoxe tamén o vin no Chuza).

29.10.06

Discapacidade.

Chega ás miñas maos esta curiosa noticia, e o dia seguinte estoutra. E como unha cadea, chego a coñecer o traballo da fotógrafa australiana Belinda Mason-Lovering. Ten fotografías verdadeiramente abraiantes tanto polo contido e o continente. Como esta do atleta paralímpico Gerry Hewson, a súa muller Louise e mailo seu fillo non-nato Thomas:


ou estoutra, titulada "Megan James, vida despois dun cancro de mama"...


Hai situacións e problemáticas que fican agochadas na nosa sociedade (ou non as queremos ver) e nas que cómpre reflexionar de cando en vez pra coñecermonos un chisco mellor a nós mesmos.

26.10.06

Fotos...

De haber un concurso de fotografía anecdótica chinesa, estas ían prá final...

atención ao casco... ante todo seguridade!

O marraneiro das feiras...

Semella sacada en calquer lugar da Galiza... carretando nabos prá facenda...

Hai que botarlle un par de...
Xa non sei que dicir...

Pero sen dúbida a mellor é estoutra...

A todo esto, os de Masa Crítica saen en bici cada pouco ás rúas de cidades de todo o Estado (e do mundo) pra reivindicar un maior uso da bici nas nosas cidades. Nin que dicir ten que para o transporte de persoas, non de mercadorías. Curiosamente o termo Masa Crítica provén de China, onde seica os ciclistas a miúdo non poden cruzar as interseccións debido ao tránsito de automóbeis e á ausencia de semáforos. No cruzamento xúntanse cada vez máis ciclousuarios/as até acadaren un número (masa crítica) que lles permite deteren o tráfico e pasaren (vía Vieiros).

25.10.06

Siam.

Unha fermosa galería de Doug J. con fotos ben lindas do norte de Tailandia, coma esta do templo de Wat Rongkhun, Chiang Rai. Tamén se poden ver máis fotos de Oceanía e Asia.

Máis vale maña...





Teño unha morea de roupa que pranchar... e toda axuda é pouca...

24.10.06

Matemáticas sinxelas e lóxicas...

Estes días teño a cabeciña que non chega nin pra isto...





17.10.06

Vacacións

Cando acougue unha miga no traballo darei subido todas as fotos da illa ao flickr. Entrementras unha pequena mostra nostálxica dos marabillosos días de lecer, tranquilidade, ledicia, relax, sentimentos...

A ver se algún día dou feito cousas como estoutra:

do fotógrafo Jan Zwart (por ver eses sitios, máis que nada)...

Máis de gatos...



adicado a Aruxa...

Por certo, os gatos d'hoxendía xa non son como os d'antes, os da miña casa muraban, e non precisamente así...

Superación...



está fin de semana pasada cismei moito nas diferencias entre 'diminuído' e 'normal' (teño alguén próximo, na nova 'familia política'). Abofé que isto fai pensar...

6.10.06

Escapada...


xa me tardaba en chegar, pero xa está. Mañá estarei acó a rañala. Fuxo como un covarde pero falta me fai...

2.10.06

J'arrive.

Xa vou! Así se chama a última producción da compañía de danza de Marta Carrasco, que estreou a tempada do teatro de La Abadía, en Chamberí. Unha especie de homenaxe e/ou resumo dos seus dez anos de traxectoria (ten varios premios Max) estreada na Sala Petita do Teatre Nacional de Catalunya, da que é compañía de danza residente.

Fiquei abraiado coa forza da interpretación dos actores.

conmovido coa expresividade dos sentimentos,

mollado (literalmente, cousas das primeiras fileiras),

sorprendido coa orixinalidade e a forza visual de moitos dos números,

e divertido cos flashes de cabaré surrealista e esperpéntico...


O nexo de unión de toda a obra (máis que danza, no senso de balet, sería mello falar de teatrodanza) e a loucura, a tolemia, en todas as súas expresións. Tolear pódese tolear por amor, por odio, por moitas cousas. Ten esceas que ficarán pra sempre nas miñas retinas, como esta dun número de danza tras dun filme de plástico, cunha forza estética e poética que había tempo que non conseguira ver nun patio de butacas. Recordoume moito ao Berro de Munch.

Houbo unha parágrafo do programa que me chamou a atención:

¿Teñen alma as mulleres?
¿Teñen alma os indios?
¿Teñen alma os animais?
Sempre esta discusión, cando pra min a pregunta había de ser:
¿Quen ten alma e quen non a ten?

Velaí fica no 75 aniversario da 'igualdade'...

Cadea de producción...

de arte (?).