NEMETH

21.5.07

Bombos...

Nestas semanas (meses!) que estiven 'ausente' fixen unha boa chea quilómetros e de fotos. Como estas...


son da noite do Venres Santo en Calanda. A famosa patria de Buñuel, a medio camiño entre as Serras e as Estepas do Baixo Aragón. Despois dun día chuvioso no que andivemos a procurar por varias vilas os famosos rebumbios destas terras sen éxito, decidimos ficar en Calanda con algo de precaución das masas de turistas. Pero tales masas fuxiran da auga e quedou unha noite enxebre e auténtica. Pouco a pouco ían xuntándose na praza familias enteiras. Durante unha hora non se sentía nin o propio pulso. Era un latexo colectivo... Dá xenio ver aos rapaces competir. Transmisión da tradición en rigoroso directo....

As fotos non lle fan xustiza. Velaí vai algo máis aproximado, aínda que non trema o chan...



Ben é certo que a min o asunto tírame dende a teta...



Praos non entendidos: Aínda que eu son da Mourela pr'acá... encólleseme o sentimento co toque dos da Mourela pr'alá. Se non for pola inscripción dos cintos... coma na casa!

Ou nos ollos ou nos pés, haste parecer a quen es...

Etiquetas: , , ,

16.5.07

A Loba...

Hoxe ao contarlle a unha nova campañeira de traballo as miñas andanzas polo mundo, sentín unha agillada de saudades da Illa. E supoño que polos tempos novos... Manda truco o que fai a memoria... O que soaba daquela aló (ben antes que acó):



Se até aparece algo semellante a un Jet-Foil dos que unían coa Illa-Denfrente!

Etiquetas: ,

14.5.07

Comeza o antroido...

Por Ventosela xa tamos no antroido, os altofalantes nas rúas a xente a facerche agasallos e con brincadeiras... Non sei como será polo país. O caso é que despois de esparexer o meu voto por media España, volto a casa... aínda que sexa por correo. Mirade se ando concienciado que até estou a mirar o cacarexado debate da TVG (se fun capaz de aturar ao Moris&Cía de antes serei capaz de non durmir con tan interesante debate). Das cousas pola miña vila só sei por transmisión oral familiar. Nada nos xornais. E iso que este ano até temos Indipindientes propios (mercé a trapallada da autovía). Mágoa que teña que depositar o meu voto pra algún destes tres mamelutes...

PD: onde aprenderon a falar galego! De momento Núñez Feijoo fai renxer os dentes a calquera... Como volva repetir 'concejales' apago!

Etiquetas: ,