Cámara
Velaquí a nova incorporación. É algo vella pero consérvase relativamente ben. Serei quen de facela furrular?
Etiquetas: fotografía
Etiquetas: fotografía
E xa na parte máis lúdica da viaxe, velaí vai unha ollado sobre os Ports de Beseit dendo a vila de Bot, na Terra Alta tarragonesa.
De volta, xa na Franja d'Aragó (territorios de fala catalá en Aragón), en Calaceite-Calaseit, fixen unha das avantaxes de andar polos camiños do mundo: a cata gastronómica e productos típicos varios. Desta vez cairon cereixas e aceite da cooperativa da vila (aínda non rematei as olivas das últimas visitas).
Seica o pasado martes 5 de xuño foi o día Mundial do Medio Ambiente. E casualidades da vida, o día seguinte fun traballar ás Terres de l'Ebre. Nesta vigaría catalá teñen varios exemplos senlleiros de desfeitas ecolóxicas. Non lle puiden facer ningunha foto á Central Nuclear de Ascó, pero velaquí tendes o Assut de Xerta (o azude de onde se ía sacar a auga para o trasvase do Ebro). Agora mesmo ten aproveitamente hidroeléctrico e de regadío. Tamén nesta zona é onde primeiro chegou o famoso mexilón cebra (o buque anticontaminate con base en San Carles de la Rápita que non puidera achegarse a Galiza cando o do Prestige por non propagar esta plaga), que agora está extendido como un andazo río arriba (xa se detectou no Sobrón, entre Araba e Burgos). É tal a desfeita no ecosistema que o río vese transparente e cheo de plantas. Unha mágoa.
de momento somos 829 galeg@s!Etiquetas: blogomillo