NEMETH

27.1.06

Lío...


Esta semana teño moito lío e non dou posteado nada con xeito. A fin de semana estiven por Madrid e a que vén por Barcino. Dous extremos e dous xeitos de vida, máis nestas épocas estaturias. Teño unhas gañas tolas de voltar a pasear polos 'meus' carrers de Gràcia, xantar un estupendo faláfel no Rabal e reatoparme co cutrerío nocturno do Arc del Teatre. E por suposto, voltar a ver a xentiña!

En Madrid: vida cultural, paseos polo Retiro, amores e amizades. E por suposto, os ceos. Por fin, despois de interminábeis días con néboa á beira do grande río...

Vémonos o martes (o luns seica é San Valero, que aínda que non sei quen foi eu pensoo celebrar por todo o alto!). Teño gañas de poder postear a gosto, hai un bon feixe de temas na recámara. Foi unha semaniña mooooi dura.

23.1.06

Africa...


... Levo un mes recurrente.

Hai pouco fun ver a película O Xardineiro Fiel, do Fernando Meirelles, ambientada nunha Kenia corrompida polas farmacéuticas e co andazo da Sida a se extender por todo o continente.

A semana pasada comprobo en Vieiros (graciñas por recordarnos o que xa debíamos saber!) a nosa cegueira, as crises que non nos amosan, e que en Bamako comeza a reunión do FSM.

E hoxe atopo estas fotos de refuxiados sudaneses (os gañadores do pictures of the year international)...

Aínda hai xente que se estrana de que salten os valados da morte e se metan nas pateras asasinas? Hoxe quixera ser optimista, pero non me sae...

20.1.06

Mapas históricos


de cidades. Non vén ningunha galega...

E máis achegado á Terra, de aquí, podedes descarvos uns mapiñas ben lindos da costa galega no século XVII, e de acolá, mapas e debuxos de Urbanismo tamén da Galiza do XVII. Ambos os dous de Pedro Teixeira, cosmógrafo portugués ao servizo de Filipe II.

Ovos...


... coma maceteiros en miniatura. Estes son de pega. Que mundo este, a miña nai aprovéitaos pra darllelos as pitas...

Xesús: O Musical...


ou como relacionar a Xesucristo coa música disco...

19.1.06

Seica hoxe é un día histórico...


... ou histérico, para moita xente. Disque remata 'Paixón de Gaviáns' (versión A3). A veces penso que vivo nunha realidade paralela, e eu feliz :D
O máis aproveitábel do conto, as paisaxes ...

Falando de tema...


Boa festa se traen á nosa conta...

Por fin...

... alguén o di. Xa pensei que era o único que pensaba que de verdade importante neste país non era qué carallo fan os catalais, se son ou non nación, se están ou estamos tutelados polos das pistolas (os uns e os outros); senón o chegarmos a fin de mes, que comer uns fréxeles da praza estase convertendo nun luxo, que cada vez me reteñen máis do meu xornal. E iso que son consciente que non teño dúbida, grazas a un traballo máis ou menos estábel (por fin!). Pero xa cheiraba a manobra disuasoria e demagoxia da peor. Non digo que non sexan importantes, pero eu non como diso, como a maioría dos exaltados de hora de café e tertulia de sobremesa que sentencian coloradiños sobre todo isto. Debe ser o de non ter tv que me fai un becho raro...

Recoméndovos visitar...


... a vila do Castro Caldelas (coñecida pola xente da bisbarra sinxelamente como O Castro) co gallo da festa dos Fachós, que se fai hoxe pola noite.

Unha tradición ben antiga, quizais pagá, con plena vixencia e puxanza na vila. Están documentadas procesións con lume no século XIX en moitos lugares, asociadas a festas patronais. Aínda hoxe se fan festas semellantes coma as Fachas de Castelo (Taboada) ou os Agucios de Vilelos (O Sabiñao) (asociadas a castros) e nas de Sedes ou Castrolandín (recreacións actuais inspiradas no mundo castrexo ou celta).

É unha tradición moi afianzada en Caldelas, mais que como boa parte do noso patrimonio inmaterial periga pola despoboación, o avellentamento da Galiza interior e o cambio de costumes. Festas como estas, amais de enchernos de fachenda e ledicia por telas conservado, axudan a que non se perdan outras tradicións e oficios. Neste caso, os palleiros.

Despois a quecer con bon viño das costas de Alaís, chourizos, licorcafé e bica.

Máis información do Castro e da Ribeira Sacra aquí.

Planetarium, Kutopia Flower, Imagination...


son algúns dos proxectos de Neave Lab, web experimental en Flash e ActionScript. Velaquí a presentación do autor:

Welcome to my mad professor playground.
When I was small and had big blonde hair, I used to spend my days making things out of Lego, plasticine and dubiously shaped vegetables. This is the result.

Curioso...

Flash Earth...


Mírao acó. Máis presto e entretido que as ferramentas actuais do google e msn... mais non ten o glamur e a utilidade do Sixpac pra prescudar as leiras familiares de medio ferrado na aldea recóndita da tía Catalina, a irmá da avoa Pepa que ... (engádase xenealoxía enguedellada que nin no Señor dos Aneis).

A Filotaxe...


... nunha interesante páxina. As matemáticas aplicadas á botánica e á formación de formas vexetais. Moi pitagóricos eles.

Galería de Pedras de Abalar...


Si, meus. Falta a de Muxía, mais vese que aínda non pasou por alí este homiño...

17.1.06

Un verdadeiro templo dos libros...


... acada os cen anos, no Porto, unha das súas xoias arquitectónicas. Vía: Farpas&Bitaites.

Que link...

... máis chulo!

Alta Velocidade...


Non ten nada que ver con estoutra, que xa se verá (?). Máis aquí.

Aleluia!


De culturagalega.org:

A construción de parques eólicos en zonas naturais protexidas, común ata o de agora, podería paralizarse de prosperar a proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. O titular deste departamento anunciou a súa intención de solicitarlle ao Goberno que aprobe unha moratoria sobre a construción destes complexos en espazos que conten con protección polo seu valor ambiental. Vázquez pretende aproveitar esa moratoria para desenvolver un debate con diferentes axentes políticos e sociais de cara a definir un desenvolvemento sostible deste sector.

E eu que me aledo. Xa pouco falta para que non haxa horizonte en Galiza sen o seu muíño...

Sinxelamente...


Máis fotos, aquí.

Non mo podo crer...


O jichiño este, con semellante reclamo está conseguindo (aos poucos) encher a súa habitación e o seu peto de bloques e dolares respectivamente. Manda carallo o que hai que ver neste mundo!

Anatomía...


... histórica. Esta web é un proxecto deseñado pra dar aos usuarios da Rede acceso aos máis importantes atlas anatómicos. E que non somos naide, e menos nus...

Máis 'rollito' oriental...


Ás veces a ignorancia é o mellor nalgúns casos. Velaquí un blogue sobre o mal uso das letras orientais nas tatuaxes... Se tes pensado estampar algo semellante a 'paz', olliño que non che espeten outra cousa ('rodaballo', poñamos por caso) ou teñan un falta ortográfica (e que acabes cun 'pan').

O suxi...


... é un dos pratos cos que máis disfruto á mesa (dentro da categoría dos exóticos. As filloas e demais delicias caseiras non contan). E velaquí un novo aparello para facernolo un pouquiño máis doado: uns palillos con dispensador de mollo de soia, pra así resolver de vez os problemas do arroz enchoupado que desfai a boliña de suxi. Este set de dous palillos con dispensador incorporado custa 18 dolares no Xapón (onde ía ser).

Vía Guizmodo.

Moda Retro...


.. ou como ter a casa decorada con xeito ao estilo do 1974.... Por certo, moi bon ano! (nel nacín eu :-)

16.1.06

Palabras alleas...

1.- Nova campaña das ciberirmandades da fala. Obxectivo: a Deputación de Lugo. Para saber máis aquí e pra participares acó. Adiante!

2.- O2 na Regueifa. Xa que non teño TV nin gañas de tela, polo menos algo de información de novedades interesantes.

3.- Aló vai o noso mar, primeiro asfaltárono, agoran edifican... (por fin se fai no orde corrrecto, madia leva!).

non teño moi bo día hoxe para pensar (supoñendo que o teña algunha vez...).

14.1.06

Normalización...

1.- O ensino privado relixioso (21 centros de toda Galiza) reúnese pra fomentar o galego. Son algo excéptico. Mais góstame o tríptico que fixeron para pais e nais, moi acaido para o noso auto-odio: aprender galego sobre todo por razóns prácticas e económicas. É un paso adiante na óptica da promoción. O galego tamén e práctico, necesario. Non é unha eiva, é unha ferramente útil para o desenvolvemente profesional. Unha visión positiva e práctica e non só sentimental e/ou política.

2.- As galescolas. Aínda que non sei se estou dacordo ou non en crear 'guetos', non sobran iniciativas. Prefiro o modelo catalán ao modelo vasco de ikastolas. De todos xeitos, sorte coa iniciativa!

3.- Achei un novo blogue chamado 'Galego Correcto' moi interesante, pra fomentar o correcto uso da nosa lingua. Visitareino decote. Parabéns pola idea!

4.- Novo Foro Enrique Peinador para promover 'que a galeguización da actividade económica se manifeste mediante o uso do galego como lingua propia das empresas no seu desenvolvemento e nas súas relacións'. Promovido pola Fundación Premios da Crítica e parido aquí. Firma o convenio O'Mendez, de Caixa Galicia. Desconfío... Xa existe a Fundación Galicia-Empresa, de obxectivos moi loábeis, mais de dubidosa eficacia (algúns dos asociados non debeu ler nin os estatutos...). Ao cabo, é unha cuestión de iniciativa persoal de cada empresario.

Novo Estatuto...

de Residentes no Exterior. Seica van igualar os dereitos (e supoño que os deberes) e garantir o voto (realmente o que lles importa).

Por certo, a comunidade virtual Fillos.org segue a medrar. Alédome moito!

A puta guerra...

... provoca imaxes coma estas...

...cheas de calma ...

...e beleza...

... pero que nas que sempre está presente...

... a morte, a inxustiza, a dor....


A visita ás ruinas de Belchite (Zgz) provocaronme un desacougo, unha anguria na boca do estómago que non me tiña de pé. A quen anda estes días a ventar 'glorias' pasadas e medos presentes non lle viña nada mal un paseíño polas súas, pese a todo, belas rúas. O mellor monumento á memoria e ao non esquecemento.

13.1.06

O tema de moda

Eu case que nin me enterei, pero non paran de falar do asunto en todas partes. Así que vou eu meter tamén baza tamén...
A lei non se notou case que nada, agás nos postos de traballo. E pra falar a verdade, é onde mellor a vexo. No meu lugar de traballo teño a abriga de estar. Nembargantes, nos locais de lecer e bares eu decido se vou ou non (como facía antes, que xa tiña en conta a cantidade de fume prá escolla). Xa circulan listaxes de locais sen fume por cidades. Da xente fumadora coa que teño falado están na maioría contentos ou cando menos indiferentes. Din que fuman ben menos que antes, xa que onde fumaban até 15 pitillos mentres traballaban, agoran só botan 1 ou dous. Os problemas virán dos que xa os daban antes: xente irrespectuosa co próximo que son os menos.

Pra relaxar o ambiente... unha ollada divertida dende o Xapón.

Será o fotoxó?


Este gatiño seica se chamou Cy, e naceu en Oregon cun só ollo e sen narís. A verdade que xa non sabe un que pensar co fotoxó por aí solto...

As filloas fosforitas...


... non tardarán en chegar. Seica científicos taiwaneses veñen de criar uns maranchos que brillan na escuridade. Velaquí un resumo na nova:

Scientists in Taiwan say they have bred three pigs that glow in the dark.
They claim that while other researchers have bred partly fluorescent pigs, theirs are the only pigs in the world which are green through and through.
The pigs are transgenic, created by adding genetic material from jellyfish into a normal pig embryo.


Ver a nova completa aquí.

Máis curiosidades animais...


Mira ti que por 249 dólars (americans, of course), o voso canciño poderá durmir co luxo que precisa... no 'Fab Furcedes Pet Bed'. Manda carallo! e en Ourense xente morrendo na rúa...

stuff my cat...


... ou como putetar ao animaliño que supostamente máis queres... Hai que recoñecerlle que as fotos son coñeras. E non teño palabras pra describir a cariña do gato da foto...

Ten que haber de todo... (II)

... pois si, meus. Seica en Millsboro, Delaware-USA, fan o campionato mundial de Punkin Chunkin. Xa o nome tenvos coña, nonsi? O conto consiste en lanzar cabazas con diversos aparellos 'do it yourself', e gaña o que máis lonxe o faga. A cousa vai por categorías: catapultas, traccion humana (ou animal??), etc. 'Tipical american', disque... O que me pasma non é tanto o aparente absurdo, que é unha afición tan respectábel coma outras, senon a dimensión do asunto.

Ogallá algún día a LNB acade este tamaño. Un que vos é afecionado por vía xenético-parental...

Ten que haber de todo...(I)



... senon, ollade que galería de fotos máis curiosa! (acéptanse outros adxectivos).

12.1.06

Non é un lobo...


...é un coiote.
Como alén mar son os creadores de tendencias... Será esta nova un aviso do que nos está por vir?
Aínda que se asemellan, non son iguais. Nós coñecemos máis a súa versión en dúas dimensións.
Por certo, graciñas a acedre pola nova, sacada a súa vez de colazo.

O tempo é ouro, con 38 rubíes...


e demais equipamento de serie, neste reloxo. Disque é o máis complicado do mundo con calendario perpétuo, constelacións e están mirando de se podera preparar o almorzo, xa de paso. Mágoa que só se fixeron sete. Dificil de entender para alguén que non o leva nunca enriba.

O tempo é ouro e custa....




86 ouros! Peto ben orixinal. Aínda que eu teño prefiro o meu, estoutro...

11.1.06

Inflate Scape...


Unha curta feita por uns rapaces suízos, ben linda. Pra vela directamente, preme aquí.

Pop art de agasallo...


agora que xa pasou o conto... Se o Guarjol o podía facer por encarga, non hai ninguén que se poida resistir! Un tutorial completiño.

Kawase Hasui.



Kawase Hasui foi un dos máis prolíficos artista shin hanga de primeiros do século XX. É coñecido polas súas deliciosas paisaxes, das que chegou a deseñar ao redor de seiscentas láminas. Mágoa que boa parte da súa obra máis temperá fora destruída nun tremor de terra no 1923.

Escailains...










ou en guiri, Skylines, de moitos lugares ... (preciso dunha viaxe xa!)

Máis fotos chulas...


da natureza... por baixo ...


e por riba do mar....

10.1.06

Galinglish...

Xa postos no choio, atopei este inconmensurábel e pouco valorado traballo de investigación feito polos da va-ca sobre o 'palmeiran galinglish'. Escolma feita por Castelao da que saco algún exemplo...

Xur que nos emborrachamos = Seguro que nos emborrachamos
¡Comán! ¡Comán! = ¡Apúrate! ¡Anda!
Boteille un espiche = Boteille un discurso
O guachimán da fábrica = O garda da fábrica
Olrai, oquei = ¡Eso é! ¡Xa está!, etc.
Veño da cona = Veño da esquina (xa nos riamos nas clases de inglés do bacharelato co conto este)
A miña filla ten unha ticha moi mala = A miña filla ten unha profesora moi mala
A cousa está arráun da cona = A cousa está en veremos
¿Non qués uns leirefinguer? = ¿Non qués uns biscoitos ?
Estou vivindo nun bordinjaus = Estou vivindo nunha pousada
Eiquí frisan o fix = Eiquí xian o peixe
Da sou = Eso é, está ben
Fun á chorcha = Fun á Eirexa
O chif doume galleta = O xefe botoume do traballo
Veño de dantán e vou para optán = Veño dbaixo e vou pra riba
¡Xarape, neno! = ¡Cálate, neno!
Ti es un gutboi = Ti es bon rapaz
Gústame o pai = empanada (este é como na miña bisbarra, na zona oriental, que meten os 'pais' no forno, os pans...)

Se non, sempre podemos usar o trasladador de gúgel, e quédanos un poste ben curioso...

Espelear mentras se estuda química...

Ao fío deste poste do acedre, achei este sitio (distinto) coas 26811 palabras en lingua inglesa que se poden espelear con símbolos quimicos. Ver pra crer... Por exemplo: GeNeRaLiSSiMo, GaNAcHEs...

Rectificación

Como ben di acedre, Manhattan-bis non está en New Mexico, senon en Nevada. Graciñas pola rectificación.
En New Mexico si que temos vilas tan sonoras (e non no deserto de idem, Arizona) como esta:

teatro de Mogollón, New Mexico.

As probas á Xunta...

Faría moi mal o goberno en intentar xustificar máis o tema da normaliación do galego nos exames á Xunta. Por que xustificar o que non precisa xustificación? A quen lle estraña que os exames á Xunta se fagan en galego (e pra iso non todos)? Pensan que cun cursiño de Prefeccionamento ou iniciación xa se está capacitado? Así despois vas a algún departamento ou delegación de consellería e mirante raro se lle falas galego... Mágoa que non haxa máis Barros no PSdG.
Concordo con pintega, dende mañá cada vez que se dirixan a nós en castelán cando vaiamos a Xunta, queixa formal. Estaría ben montar algunha campaña ou así...

Vilas abandonadas...


e non en Lugo, Ourense, Soria ou Teruel... A foto é de, non é carallada, Manhattan! ... Non New York, por suposto, New Mexico. Máis cidades abandonadas aquí.