e non botar nin pinga son as
declaracións do noso ben amado
Presidente da Xunta sobre o Plano de Normalización (non dicían que seica non tivera case seguemento a
folga, nonsi?). Todos sabemos quen
son (/somos) os que reclaman (/-mos) a aplicación dunha lei (bastante xustiña, hai que dicir) aprobada co apoio de todo o Parlamento. Pero quen son os que recriminan ao Executivo galego que se empregue de máis o galego ('máis aló do debido')? Teñen na
Oficina Internacional de Pesos e Medidas algún patrón pra medir a cantidade de galego a empregar en público? Que é o debido neste caso? Xa sabemos o que lle din ao noso Presidente... pero que é o que pensa el soíño? Pensa o noso Presidente?
Por outro lado, eu preferiría que todos os que non asistiron ás aulas, na próxima convocatoria vaian a clase pero falando galego. A cantos dos que secundaron o paro non se lles oe nin bébedos unha palabra en galego? Calquera excusa é boa pra non iren a clase (como calquera xeralización xa sei que é inxusta, pero non deixo de pensar no artificial do asunto).
Cantas dúbidas arestoras. Non sei se darei durmido co desacougo...