Horizontes...


na galería fotográfica de Eric Fredine.
Ten imaxes como esta que asocio ás interminábeis horas no Alsa, a subir e baixar polas chairas castelás...


ÉXITO: algunhas persoas soñan co éxito mentres outras viven pra esmagarche este soño...
GABANZAS: si queres chegar arriba, prepárate pra bicar abaixo...
NEPOTISMO: promovemos os valores familiares, case que tanto como aos seus membros...
PRESIÓN: pode converter un anaco de carbón nun diamante perfecto ou un home calquera nun auténtico caso perdido...
TRABALLAR: non se che paga pra creres no poder dos teus soños...
CONFORMIDADE: cando a xente é libre pra facer o que queira, normalmente imita aos demais...
a tentar salvar a nosa alma, tamén podemos alugar o cura por internet ollando nas Páxinas Amarelas de Deus (se procuras un cura católico en Chula Vista, California, poñamos por caso...) ou deixar unha e-smola...

Curiosa galería de estatuas estrañas de todo o mundo. Unha delicia praos turistas!
Vou tentar atopar a alguén coma Carlos Gil que vaia por min á vindeira romaría do Corpiño ou do Cristo (que vaia a miña nai por todos seica non é abondo) como fai este pelegrín vizinho... Xa avisa da tradición medieval da súa figura. Isto si que é recuperar vellos oficios!

un pódese atopar cousas como estas, unha idea ben orixinal de tirar fotos ideada por Michael Hughes...
Non sei se seremos da familia ou non, pero mira que che son lindos estes micos, nin as de Supermodelo2006...

Aínda que se hai xente que se guía por isto...



