Loituma
por culpa de IoRRoVaWo estou enganchado... Serei un friqui sen remedio?! No post de Estrelanegra atoparedes completísima información...
Boa fin de semana e boa entrada de ano (xudeu, no ano 5767).
Nota: graciñas! :D
Estaba pensando en mercar unha máscara semellante prá casa. Que vos parecen? As africanas xa me meten moito medo. Ao final, heime de quedar coa do peliqueiros de Laza ou coa da pantalla de Xinzo, que total están máis a mao e non son máis sorrintes que a do cima...
Sei polo Farpas desta utilización tan curiosa dos mapas do Metro... De inmediato lembrei o día 6-6-06 deste ano, no que asistín a unha exposición-performance das 'Mulleres Métricas', debuxos de mulleres baseados nos planos do metro de Madrid adubiado con música en directo, algo de teatro... Mágoa que sexa completamente artesanal e non se poidan ver na rede.
Eu xa vou tan desarraigado que nin vou ás vendimas, nin ao castañal (olliño! non confundir) nin ás matanzas. Na casa fanna esta fin de semana. Halles chover, e a uva irá mollada prao lagar. E iso non é bo, din.
Foi ler esta nova e case caer de cu. Eu delinquindo por tras da miña casa boa parte da miña nenez e tan tranquilo. O que fai a inconsciencia!
do 11S... O documental sobre Mychal Judge, padre franciscán, capellán do corpo de bombeiros de NYC, ex-alcohólico, homosexual e a vítima con nome nº 0001 do atentado das Torres Xemelgas.
Hoxe vin por primeira vez (en directo, sen a axuda de Marcus nin do llutub) o Somos unha Potenzia a Carlos Blanco en (semi)directo... e gustoume! Mágoa que sexa tan tardísimo.





A fin de semana pasada fun ver ao C.C do Conde Duque de Madrid unha exposición de arte que me pareceu atípica, por xunguir con acerto arte e ciencia. O interesantísimo documental proxectado fíxome aprender cousas e relembrar conceptos esquecidos e tempos idos, cando na carreira fedellabamos co MatLab ou 'xogabamos' facendo os nosos fractais. Non sabía da súa relación co Caos nin a súa aplicación práctica tan inmediata e a eidos tan 'alleos' coma a literatura ou a socioloxía. Aproveitade pra botarlle unha ollada de vagar á páxina de DivulgaMat, de seguro que as matemáticas non vos van parecer tan endiañadas coma na escola!
non sei por esas latitudes, mais por estas vai unha calor que mete medo...
mirar pra páxinas coma esta refresca un chisco... :-)
e iso que non gusto nada da neve, cousas de me criar nela

Titúlase 'Afililador'. Apostamos a que era paisano?
Aínda que non se pode apreciar grande cousa, esta é outra das fotos máis lindas que aparecen no libro. Unha instantánea de 1899 do Hotel de Inmigrantes. Veño de coñecer a súa existencia e fiquei pampo. Nel inaugurouse o Museu Nacional da Inmigración de Arxentina. Mágoa que non dea feito furrular a base de datos...Pertence ao xacemento de Knowth, unha grande tumba de corredor arrodeada doutras máis pequenas. Non se podía entrar adentro xa que aínda seguen a escavar, pero si que puidemos subir por riba e admirar a verde campía (momento xusto no que se acabou a batería da cámara). Foi ocupada de forma ininterrumpida até a desaparicións dos mosteiros na Idade Moderna. A pesares de que a visita non é moi completa (e sempre coa guía vixiando) impresionan as moreas de petrogrifos que hai nas pedras que arrodean os túmulos. Como o da foto que segue, noutra tumba pertiño, a de Newgrange (a máis importante e grande de todas).
Pertence concretamente á kerbstone 52 (disque podería representar a constelación de Orión e a estrela Sirio). Esta tumba está datada de antes das pirámides de Exipto e só posee un corredor (que se pode visitar) duns 19 mt e no que custa entrar (eu que estou de bon ano). Nos solsticio de inverno, ao mencer, o sol entra por unha abertura que hai por riba da porta de acceso e iluimina a cámara central (máis información neste linque). A continuación podedes ver un detalle da pedra da entrada. A triple espiral repítese dentro, pero non deixaban facer fotos (hai que fomentar a industria das postais).
Xa por último, unha vista xeral de Newgrange. Semella moi novo, e se me guío polas fotos vellas que vin... está moi rehabilitado. Pero non deixa de ser impresionante entrar nun sitio construido hai tanto tempo, cheo de misterios e onde cada pedra ten o seu porqué. E aínda pensamos que daquela eran bárbaros...
Podedes atopar moreas de información sobre os monumentos megalíticos en toda Irlanda acó (ficarán para a próxima vez que vaia). Hai que ver que ben aproveitadiñas teñen as pedras vellas... A ver se imos aprendendo polo país, no canto de ir arrombando con todo (o círculo lítico da Mourela, n'As Pontes é o último exemplo, que non derradeiro).